Non é a primeira vez e non será a derradeira. Galiza bota fume. Dende orgullos profesionais ata recalificacións, pasando polo cambio climático como marco de explicacións vagas e baleiras que non conseguen atinar co inimigo.

Dende hoxe un novo enlace para Taburete. Vigoblog. Un espazo adicado á realidade local e que trata con independencia os asuntos cotiás da cidade olívica. Entre eles, por suposto, o lume.

Un puto escándalo, todo-los anos co mesmo cantar.... toda a aldea volveume a arder, o monte ao carallo, e os novos pinos que tras tres anos estaban a medrar son historia... polo menos xa non temos que limpiar a broza , que nos tocaba...
Da rabia, porque sobretodo os gobernos responsabels non poñen solucións... e sempre igual... e o bosque galego autóctono está a desaparecer coa colaboración de todos nos (o que máis fácil medra é o eucalipto do carallo...), non serve botarlle toda-las culpas ao goberno, tamén son culpabels aqueles que non denuncian e saben quen son os que plantan o lume... en fin, que da rabia e impotenza...
P.D: Cando toca a próxima marea negra??? eu non coñezo a dia de hoxe un novo plan de acción para estes casos, nin novos medios materiais...
"pra o ano que ven... e chega outro ano e pasa tamén... (non era así?)"
A verdade é que non resulta doado formar unha idea coherente tal e como están as cousas... Haberá que esperar á choiva, coma sempre.