Vacacións en Vigo e visita de rigor ó MARCO. Sorprende a exposición da planta baixa. Elegancia, rigor e calidade nunha exposición moi coidada sobre o panorama artístico israelí.

Segundo o seu comisario Octavio Zaya...
Se algo caracteriza a este grupo de artistas no seu conxunto, se hai algo que os identifique, é unha tensión entre a realidade na que viven, entre a realidade que padecen, que experimentan, que constrúen, que configuran e recrean nas súas obras e o barullo interno das súas subxectividades. Incluso cando se refiren a situacións e temas sociais e políticos, o que representan, o que proxectan, sempre é unha proposición inquietante, ás veces contida, ás veces silenciosa, de cote indirecta e sempre oblicua, sen linealidade, sen temporalidade, transcendendo sempre o particular e o específico ata transformar a concreción e realidade do Holocausto, a guerra, o terrorismo, a ocupación ou a inseguridade da vida diaria que confrontan, en ficcións de violencia, de temor, de morte e de ansiedade subxectivas, que nos implican a todos por igual. A interioridade vólvese do revés, expoñendo, revelando as entrañas da súa ansiedade.
Na primeria planta, "SWITCH ON THE POWER! Ruído e políticas musicais". Un tema tan interesante como desaproveitado, nunha exposición baseada exclusivamente no visionado de videos.
Segundo o MARCO:
SWITCH ON THE POWER! Ruído e políticas musicais reúne a unha serie de artistas procedentes do mundo da arte e da música que comparten estratexias preformativas e estéticas. A través de pezas e/ou documentos videográficos, esta exposición pon de relevo e á vez afonda nas interaccións que xorden entre estas disciplinas artísticas.

Para muestra un botón: http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=10...